Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Semana do Libro de Carballo volve a encher de cultura os centros educativos

Chano Calvo Evencio Ferrero e Marcos Trigo
Chano Calvo Evencio Ferrero e Marcos Trigo
A Semana do Libro de Carballo volve a encher de cultura os centros educativos

Esta pasada mañá de martes presentou o Concello de Carballo a XV edición da Semana do Libro. Unha Semana (do 25 ao 29 de abril de 2022) que volve tras dous anos de parón, e que enchegarán 9 coles de Carballo de actividades vinculadas coas letras. “A lectura fainos críticos e autocríticos”, resalto Evencio Ferrero valorando estas actividades que nacen co obxectivo de fomentar a lectura.

Este ano a temática “Carballo é”, aberta aos diferentes temas nos que está traballando cada centro, polo que poderá transformarse en “Carballo é mar”, “Carballo é saúde e deporte”, “Carballo é arte”, “Carballo é regueifa”, “Carballo é Camiño dos Faros”…

Semana do Libro de Carballo 2022

Este ano, adaptándose ás circunstancias, as actividades irán aos colexios, non os colexios á Biblioteca do Rego da Balsa, como adoitaba acontecer. Pero si que a exposición dos traballos do alumnado si que se realizará no primeiro andar da activa Biblioteca. Ademais, a Biblioteca si que acollerá durante as tardes da semana diferentes actuacións.

Dende o Concello agradece o traballo organizativo da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG), e coa colaboración da Fundación Luís Calvo Sanz; así como o compromiso dos 9 centros: CEP Netoma Razo, CEIP Bergantiños, CPR Artai, CEIP Fogar, CEIP A Cristina, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Canosa Rus, CEIP Gándara-Sofán ou CRA Ponte da Pedra.

Programa nos Centros

 

Programa Semana do Libro de Carballo 2022

Programa na Biblioteca Rego da Balsa

Programa Semana do Libro de Carballo 2022 2

Comentarios