Senda Nova celebra en Baldaio o día dos humidais
 
    07:07 21/01/16 
             Baldaio acolle do 26 ao 31 de xaneiro unhas xornadas de interpretación con motivo do día internacional dos Humidais que se celebra o 2 de febreiro. Baixo o nome "Baldaio, máis cerca", a asociación ecoloxista Senda Nova organiza estas xornadas nas que terán o seu merecido protagonismo as parroquias que conflúen no territorio de Baldaio: Lema, Noicela, Rebordelos e Vilela.
Con esta actividade, Senda Nova pretende poñer en valor o rico patrimonio que rodea aos humidais da Costa da Morte. As diferentes xornadas celebradas en anos pasados celebráronse arredor dos diferentes humidais de interese da comarca.
O humidal de Baldaio é un espazo mermado dende o punto de vista ecolóxico. "A pesares diso e das diferentes problemáticas que presenta, o humidal carballés é un dos referentes dende o punto de vista ornitolóxico, recibindo migración de aves, sobre todo en época invernal", aseguran dende Senda Nova. O mesmo humidal foi e é un territorio aproveitado economicamente dende hai anos dentro da profesión marisqueira.
Os valores de Baldaio
Ademais do factor ecolóxico e lúdico polo que é máis coñecido Baldaio, cada unha das parroquias que o integra, ofrecen importantes vestixios culturais aos que xa, dende outros programas de Senda Nova, ducias de persoas tiveron a oportunidade de achegarse en diversas ocasións. Importante patrimonio relixioso e castrexo salpica o afundido territorio de Baldaio.
A programación de actividades previa semanais destas xornadas inclúen diversas visitas ao espazo con diferentes centros de ensino de Bergantiños, co obxectivo de deixar pegada nas xeracións vindeiras da importante e variada riqueza desta parte de Costa da Morte.
Os faladoiros e as saídas interpretativas son de balde e de participación libre, adaptando o xeito de mobilización ao volume de participación.
Novas relacionadas

- Senda Nova desfruta dun inverno ancestral
- Senda Nova recupera a tradición co “Inverno Ancestral”
- Gracias, Apalpador
- Aprendendo natureza na escola Ambiental de Senda Nova
- Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental
- Sesenta camiñantes estrean o IV Outono en Marcha de Senda Nova.
- Seis rutas de sendeirismo compoñen o programa de outono de Senda Nova
- Senda Nova presenta o seu programa de marchas para o outono
- Senda Nova remata o seu verán máis natural
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Senda Nova