sábado. 01.11.2025
El tiempo

Rescatados tres tripulantes dunha embarcación que envorcou preto das Illas Lobeiras

IMG-20251101-WA0007
Remolcando a lancha
Rescatados tres tripulantes dunha embarcación que envorcou preto das Illas Lobeiras

Mañá de susto na ría de Corcubión. Un particular alertaba ao 112 ás 10:40h, informando de que envorcara unha embarcación preto das illas Lobeiras, e que estaba vendo como afundía o barco mentres había 3 persoas na auga.

O 112 mobilizaba a Salvamento Marítimo, Garda Civil, 061 e Gardacostas.

Finalmente as 3 persoas, veciños de Fisterra que foran estrear unha lancha, foron rescatadas a bordo dunha embarcación auxiliar de Salvamento Marítimo , a María Pita, e trasladadas ao porto de Brens, onde lle esperaba a ambulancia. Todos estaban conscientes.

A embarcación quedou na zona do afundimento, amarrada a unha boia, e a María Pita volveu para recuperala.

IMG-20251101-WA0008
Conseguiron salvar a lancha

Comentarios