Cinco excarcerados nun novo accidente na estrada de Buño
Novo accidente o acontecido esta pasada madrugada na estrada AC-418 de Carballo a Buño, entre os puntos quilométricos 2 e 3, á altura de Goiáns w Xoane, en Carballo. Dous vehículos colisionaban pasadas as 20:00h deste sábado de Defuntos, resultando feridas 6 persoas, dúas de gravidade, despois de que 5 tivesen que ser excarceradas
O 112 Galicia activou un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais dos efectivos de Protección Civil.
Unha vez no punto, os equipos de intervención confirmaron que foi necesario empregar o material de excarceración para liberar a cinco persoas: dúas dun dos vehículos e tres do outro. No total, seis persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital de referencia para recibir atención médica, dúas delas en estado grave.


