Vieiro abre unha canle en liña para atender dúbidas sobre å adicción entre a mocidade
Non para o programación de prevención de condutas adictivas da Asociación Vieiro, que ademais pon en funcionamento un novo servizo: Vieiro en liña. A través do whatsapp 646.78.70.42 a responsable M.ª José Dosil atenderá todas as demandas do que pidan información.
Vieiro abre este servizo ”co obxectivo de dar información e resposta á poboación xuvenil sobre temas e cuestións relacionadas con condutas adictivas, con e sen sustancia, así como a outros colectivos clave na prevención, como son familias e/ou educadores/as para orientar ante situacións conflictivas, sobre habilidades e estratexias psicoeducativas de actuación familiar e/ou escolar cando se detecten problemas precoces de conduta co fin de manexar e afrontar situacións problemáticas de condutas de risco”.
Aseguran que se garda absolutamente o “anonimato e a confidencialidad das persoas que o utilizan”.
Este servizo se complementa coas diversas canles que a Asociación Vieiro pon a disposición da poboación co fin de resolver aquelas dúbidas que xurdan en relación ás condutas adictivas, como son as redes sociais Instagram e Facebook, no teléfono 981756161, ou a través do correo electrónico vieiro@vieiro.org.
Novas relacionadas
- Vieiro conciencia polo Día Internacional contra o uso indebido e tráfico ilícito de drogas.
- Xuño 2020: Detida unha veciña da Ponte do Porto trala desarticulación dun punto de venta de drogas.
- Xuño 20: A Garda Civil desarticula un clan de venta de drogas en Os Pinos.
- Maio 20: Ratifican o aumento do tráfico de drogas na comarca no Estado de Alarma coa detención de dous coruñeses en Cee.
- Abril 20: A Garda Civil desarticula un punto de venda de drogas e detén un veciño de Muros.