Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Garda Civil desarticula un clan de venta de drogas en Os Pinos

Unha das vivendas rexistradas en Os Pinos-Carballo
Unha das vivendas rexistradas en Os Pinos
A Garda Civil desarticula un clan de venta de drogas en Os Pinos

A Garda Civil de Carballo detivo a 7 veciños de Carballo por un posible delito de tráfico de drogas. Nunha investigación que vén de outubro do ano pasado, esta semana realizou o rexistro simultáneo de 3 vivendas no lugar de Os Pinos, de Ponte Rosenda e da Rúa Cementerio Vello.

A Garda Civil, durante o rexistro, atopou nas casas 8.800€, 380 gramos de heroína, 6 gr de metanfetamina, 435 gr de sustancia de corte, unha pistola, unha escopeta, 194 cartuchos, unha defensa extensible, varias armas blancas, 3 bñasculas de precisión e diverso material informático.

Durante a que chamaron Operación Ospinos, un dos detidos tirou varias bolsas de droga polo báter, polo que a Benemérita tivo que romper a entrada da fosa séptica para recuperalas. A actuación tivo o apoio da USESIC, o GRS7 de Pontevedra debido á perigosidade dos detidos pola tenencia de armas, así como o can do Equipo cinoloxico co seu guía.

Os detidos foron acusados de tráfico de drogas e pertenza a grupo criminal, e tres deles por tenencia ilícita de armas. Tres ingresaron en prisión por orde xudicial.

Novas relacionadas

Comentarios