Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muros

A Garda Civil desarticula un punto de venda de drogas e detén un veciño de Muros

Esta pasada noite de martes tivo lugar unha espectacular redada contra o tráfico de drogas, que favorecía o incumprimento das normas do estado de alarma, en Muros. O equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia detiña un veciño da vila muradá por un presunto delito contra a saúde pública e tráfico de drogas, despois de intervirlle no domicilio 20.510€, 420 gramos de cocaína, 110 gramos de hachís, básculas de precisión e mesmo munición do calibre 12 e 22.

A Garda Civil sospeitaba que o home traficaba en pleno estado de alarma, favorecendo o imcumprimento das normas de confinamento dos compradores, polo que realizou unha investigación.

A venda producíase nunha vivenda do casco vello de Muros, puidendo convertirse ademais nun “punto de contaxio masivo”, polo que ante a gravidade dende unha perspectiva sanitaria e de seguridade, pediron mandamento xudicial e realizaron a redada a madrugada do pasado martes 14 de abril.

Drogas incautadas en Muros 2Drogas incautadas en MurosCartuchos incautados en Muros

A Garda Civil desarticula un punto de venda de drogas e detén un veciño de Muros