Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os xardíns de Carballo volven encherse de cabazas polo Samaín

dixardin_cabazas_Carballo_samain
O xerente de Dixardín, Carlos Iglesias, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentaron a iniciativa na Praza de Galicia
Os xardíns de Carballo volven encherse de cabazas polo Samaín

Volve en Carballo un ano máis a singular campaña “Presume de xardíns” polo Samaín. Unha iniciativa que anima á veciñanza á embelecer as zonas axardinadas da vila e promover a recuperación da tradición do samanín. Este ano, o Concello de Carballo conta coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín, que xa engalanaron a Praza de Galicia e a da Cruz Vermella, e propoñen ás familias colaborar para encher de cabazas 4 espazos: a rúa Eduardo Pondal, a rúa Campo da Feira, o Parque do Anllóns e o Parque do Chorís.

A colocación farase por libre, pero só nas zonas sinalizadas con letreiros como o que podedes ver na imaxe.

campanha_cabazas_2021

Crisantemos e compost

Ademais da colocación das cabazas, nesta época os protagonistas dos xardíns municipais son os crisantemos, polo que poderedes ver numerosos exemplares de "Chrysanthemum indicum" en diferentes cores. E, por primeira vez, no acondicionamento das zonas verdes podemos utilizar compost producido polos veciños e as veciñas do concello que participan nos programas de compostaxe. O 4 de novembro instalarán un posto explicativo na feira.

Comentarios