O Xiria Pop, ese festival que permite paladear un mapamundi sonoro
Coa rica resaca de ter gozado dunha fin de semana divertidísima, e algo escarallo aos seus 63, Xabier Graña fai un balance máis que positivo da 28ª edición do Xiria Pop. Un festival que non mide o éxito pola cantidade de entradas vendidas (satisfeito por manter as case 200 persoas que ten de aforo o agarimoso espazo do Casino1889), senón pola satisfacción dos seus asistentes.
E aí, Graña está seguro de que a xente que asistiu as dúas noites aos concertos saíron máis que satisfeitos, porque a diversión, ademais a calidade asegurada polo ollo, e oído, do propio Graña, foi garantizada.
As dúas xornadas foron unha auténtica viaxe por un mapamundi sonoro, pasando por Ferrol, Hamburgo, Escocia, Asturias, Vigo, Rías Baixas e Cantabria.
Arrincou o venres cunha noite máis popeira e relaxada cos ferrolán Mentah, os enmascarados sixties de Hamburgo, Glándula e as curiosidades de Roy Moller. Pero estaba gardada a última sorpresa, cos asturianos Pelazo que deron un bolazo que fixo suar a todo o público.
O sábado arrincaba co vermú da man de Hendrik Rover y los míticos GT’s, máis countries, gardándose algo de batalla máis potente para a noite. A cousa foise quentando co folk norteamericano dos vigueses Family Folks, o surf instrumental dos Wavy Gravies, e os míticos Bo Dereks, grupo encabezado por Oscar Avendaño, baixista durante mais de 20 anos de Siniestro Total, que acabou subindo ao escenario cos Hendrik Rover como Jorge Latorre, Rubén de The Family Folks ou Oscar Guan. Foi un fin de semana de gran comuñón entre artistas e público, gracias e este formato de festival que permite aos asistentes paladear a música cara a cara cos artistas.