Martes. 05.11.2024
El tiempo

Xosé Manuel Beiras repasa as súas obras literarias en Espiral Maior Foro

TARXETA-Pensamento-e-literatura-BEIRAS
Xosé Manuel Beiras repasa as súas obras literarias en Espiral Maior Foro

O martes, día 18 de abril de 2023, ás 20:00 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) un encontro de carácter literario con Xosé Manuel Beiras, no que se analizarán, en tertulia e debate co propio autor, as últimas obras publicadas de carácter literario da súa autoría, entre as que se encontran as traducións ao galego de “La chute”, de Albert Camus; “Adolphe”, de Benjamin Constant, e “Espertemos”, do filósofo francés Edgar Morin.

Xosé Manuel Beiras, un clásico do ensaísmo galego, na súa vertente económica e de pensamento político e social, publicou tamén recentemente o libro “Retratos en fite” e “Nuredin o taxista e Ameline o pintor. Crónicas e figuracións dun transmundo colonial”, mostrando así unha actividade literaria de gran interese e actualidade.

O catedrático emérito de Estrutura Económica da USC, e ex deputado do Parlamento de Galicia, cumpriu o pasado 7 de abril 87 anos.
No acto, conxuntamente con Xosé Manuel Beiras, participará o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.
A entrada é libre até completar o aforo.

Comentarios