A Xunta arrinca mañá mércores os traballos para liberar a lagoa de Baldaio.

Imaxe da visita do PP hai 15 días á zona de Baldaio

Xa pasou xusto 1 mes dende que o Concello de Carballo saltara alarma. E mesmo pasaron dúas semanas dende que o propio PP confirmaba a necesidade de actuar ante a colmatación da lagoa de Baldaio. Pero non será ata a mañá, e despois de sufrir xa complicadas inundacións e provocar un grave perxuizo ao marisqueo, cando a Xunta comece a actuar para liberar a lagora e restaurar así o fluxo de auga entre o humidal e o mar e garantir o equilibrio do ecosistema. 

Os traballos, que se adaptarán ao réxime de mareas e dependerán en boa medida das condicións meteorolóxicas e marítimas da zona, buscan retirar o tapón de area existente co obxectivo de que a lagoa recupere o nivel natural de auga que ten habitualmente. 

Explican que "o humidal da lagoa de Baldaio, que está incluída na ZEC Costa da Morte, formouse na parte posterior dunha gran barreira de area que percorre a praia da contorna. Esa barreira litoral tende a reter as augas pluviais e de escorrentía procedente do continente e tamén regula un fluxo profundo entre estas e as augas mariñas". 

Lembran que xa pasou varios anos atrás,  humidal segue sendo de alimentación mixta, mantendo a conexión permanente ou case permanente co mar a través da antiga presa existente nun dos extremos, que carece agora de comportas, e pola que se produce o fluxo de augas mariñas e continentais entre o mar e o humidal. Ese fluxo vese favorecido polo control da presa interna e pola existencia dun pozo profundo próximo á mesma.

A permanencia de auga determina a presenza de distintos tipos de ecosistemas característicos dos humidais litorais de augas con diferente grao de salinidade.
 

Máis novas