sábado. 01.11.2025
El tiempo

A Xunta asegura que intervirá en Baldaio de xeito inmediato

Daniel Pérez e Miguel Vales en Baldaio pouco despois do peche da lagoa
Daniel Pérez e Miguel Vales en Baldaio pouco despois do peche da lagoa
A Xunta asegura que intervirá en Baldaio de xeito inmediato

Despois de 4 meses acumulándose os áridos sen saída na lagoa de Baldaio, o alcalde trasladáballe o pasado mes de outubro á Xunta a necesidade de abrir unha canle que axude e liberar a auga estancada, que tantos problemas está causando ao maarisqueo e ao propio ecosistema do espazo natural. 

Pois a directora xeral de Patrimonio Natural, María Sol Díaz Mouteira, púxose en contacto esta mesmo venres co alcalde de Carballo, Daniel Pérez López, para informalo sobre a intervención que se realizará nos próximos días en Baldaio coa finalidade de recuperar a conexión directa entre a lagoa e o mar.

O martes pasado desprazáronse ata Baldaio técnicos dese departamento autonómico, aos que acompañaron tamén os concelleiros Luis Lamas e Miguel Vales. 

A intervención prevista será semellante ás realizadas ata o momento, e consistirá basicamente en abrir un pequeno canal para facilitar a acción do mar e que se recupere o intercambio de auga doce e salgada. A intención de Patrimonio Natural, segundo lle confirmou a directora xeral ao alcalde, é actuar o antes posible. Daniel Pérez trasladoulle a información ao presidente dos mariscadores.

Comentarios