10 teletraballadores e 6 alumnos do IES Lamas de Castelo únense para presentar “Carnota Conecta”

Emprendedores nómadas do proxecto Aldeas Remotas no IES de Carnota
  • O proxecto Aldeas Remotas leva 21 días no Concello de Carnota e os 10 teletraballadores que viviron esta experiencia colaboraron no reto local: 'Conecta Carnota'.

Este pasado xoves pola tarde celebrouse no IES Lamas de Castelo, Carnota, un acto moi especial, onde se presentaron dous actos de gran importancia para o concello: a presentación de 'Carnota Conecta' e a despedida de 'Pueblos Remotos Carnota 2024'.

A presentación de 'Carnota Conecta' foi o prato forte do reto local plantexado para esta edición de Pueblos Remotos Carnota. Este proxecto, que leva 4 meses de traballo desde xaneiro de 2024, liderado por Javier Boquete (líder local do proxecto) centrouse en transmitir aos mozos e mozas locais a importancia e oportunidades do emprendemento e o traballo remoto. Mediante un proceso de formación en emprendemento e creación de proxectos de turismo sostible, dirixido ao alumnado de 4º da ESO, buscamos dinamizar e desestacionalizar a economía local.

O punto álxido desta aventura foi a presentación que fixeron 6 alumnos do IES Lamas de Castelo: Lucía, Alex, Xoán, Xian, Antonio e Aitor, quen, con moita confianza e ilusión, presentaron o proxecto cunha soltura digna de alguen experimentado. 

Ademais, no evento tamén participaron teletraballadores que viviron unha experiencia de 'conexión e inmersión' co territorio durante tres semanas. Tomás, Cecilia, Gabri, José Miguel, Petra, Antonio, Lupe, Kino e Josep compartiron as súas experiencias e falaron sobre como é o teletraballar desde Carnota, así como sobre as actividades que se desenvolven con emprendedores locais como Alicia Vázquez (Ali Vavá), Nacho Porto (Mestre Ceramista) e Alba Fernández (Espazo A Maceta). Resumiron unha experiencia de 21 días que os marcará para toda a vida e da que levan consigo un 'anaquiño' de Carnota e Galicia.

O acto rematou coa intervención do alcalde do Concello de Carnota, Juan Manuel Saborido Rama, quen destacou a importancia de que a mocidade valore a permanencia en Carnota e xere unha comunidade nova no territorio.

Tecido político, administrativo e social presentes no evento

Máis novas