Luns. 29.04.2024
El tiempo

A experiencia QPC participou nos DAI de Carnota

Ubaldo Cerqueiro nos DAI Carnota
Ubaldo Cerqueiro no Moncho Burguer participando no DAI do Colectivo Carnota
A experiencia QPC participou nos DAI de Carnota

Algo está agromando en Carnota. Nótase na vontade dun grupo de emprendedores de fóra da comarca, que veñen de afincarse na nosa terra, e que están a maridar á perfención coas xentes con máis talento e futuro da comarca de Carnota e Muros.

Así o comprobei este mesmo sábado, acodindo á chamada de Javier Boquete e do Colectivo Carnota, para participar no segundo DAI, Día de Aprendizaxe e Inspiración. Unha ducia de persoas con gañas de facer cousas, de establecer sinerxias, de mover os marcos da comarca, achegáronse ao Moncho Burguer para escoitar a experiencia QPC.

Fun debullando os inicios do diario dixital da Costa da Morte dende 2007, afondando nos momentos empresariais máis significativos na humilde historia deste proxecto de comunicación.

Pero o máis interesante da xornada foron as conversas que se deron despois da charliña. Xentes emprendedoras de varios sectores buscando como facer que os camiños vaian na mesma dirección, intentando chegar un pouco máis á poboación local e incidir nunha nova cida social da zona.

Comentarios