O programa “Comunidades de Innovación Rural" axudará a desenvolver proxectos empresariais en Carnota, Mazaricos e Muros
10:06 14/05/24
O Concello de Carnota xunto cos concello de Outes, Muros, Lousame e Mazaricos coa financiación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto demográfico, pon en marcha un programa de “Comunidades de Innovación Rural", co fin de poñer en valor proxectos innovadores para construír un rural con futuro.
Un programa que terá unha parte formación, e varios procesos de incubadora empresarial, innovación e traballo en rede formulado para:
- Persoas emprendedoras
- Empresas e persoas autónomas
- Persoas en procura de emprego
- Actores do ámbito público e privado
O longo do programa desenvolveranse actividades de:
- FORMACIÓN (Áreas de transformación dixital, economía circular, liderazgo modelo de negocio, posta en valor, estratexia de clientes, produto mínimo viable, marketing on-line, financiación.
- INCUBADORA, de asesoría individual de ideas de negocio, acompañamento no deseño e validación de proxectos.
- LABORATORIOS DE INNOVACIÓN ABERTA, a través de metodoloxías cocreativas para xerar solucións novas a retos económicos ou socias do territorio.
- PLATAFORMA WEB con recursos actualizados para o emprendemento, punto de encontro e traballo colaborativo dunha comunidade rural innovadora.
- Eventos de NETWORKING
- INFORMACIÓN sobre boas prácticas , casos de éxito e sectores con potencial de crecemento no EMPRENDEMENTO RURAL.