24 entidades da sociedade civil carnotá xúntanse nunha concentración para esixir a recuperación do servizo de pediatría
08 de abril de 2025 (13:55 h.)
Os 3 grupos políticos do Concello, e todas as entidades culturais, sociais e deportivas (mira que é dicífil conseguir un consenso tal), unen forzas en Carnota para esixir un pediatra.
As familias e as ANPAS, en definitiva as persoas usuarias do Centro de Saúde e da sanidade pública da vila, convocan unha concentración unitaria para reclamar o estabelecemento do servizo de pediatría en Carnota.
O acto terá lugar o vindeiro sábado 12 de abril, ás 12:00 horas, na Praza de San Gregorio.
A concentración chega despois de que o pleno aprobase por unanimidade unha moción, formulada polo BNG pero adoptaba por toda a corporación municipal, para esixir á Xunta a recuperación deste necesario servizo.