mércores. 30.04.2025
El tiempo

As familias de Carnota volveron ás rúas para denunciar o novo recorte sanitario

Protesta en Carnota conta a falta de atencion pediatrica
As familias de Carnota volveron ás rúas para denunciar o novo recorte sanitario

Non se resignan, nin perden o sentido do humor, as familias de Carnota ante un novo recorte na sanidade pública. Xa levan un ano sen pediatra no seu Centro de Saúde pola falta de cobertura dunha baixa de longa duración do pediatra que comparten co Centro de Muros. Pero dende o día 10, e ata que non se subra esa baixa (que non ten visos de recuperarse pola falta estrutural de pediatras no país), perden tamén o servizo básico do enfermeiro pediátrico, que resolvía revisións de idade, curas, vacinas…

Familias de Carnota protestan contra a falta de pediatra

Ante esa situación, aproveitando o entroido e lembrando a loita retranqueira que fixeron ante os recortes do ensino a comezo de curso, as familias concentráronse onte na Praza da Pedra. A pesar da chuvia, a praza estaba chea de xente protestando.

Ademais, colocaron unha pancarta (que despois levaron e deixaron no Centro de Saúde) e unha serie de batas de médico con arengas contra a Consellería de Sanidade.

Protesta en Carnota conta a falta de atencion pediatrica

Máis novas

Comentarios