8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres

Imaxe da cadea humana en Carnota polo 8M do ano pasado-Foto-Antonio Nodar

Xa coñecemos ás accións de cara ao 8M de colectivos como Buserana. Outra das entidades feminista da comarca, a carnotá Sonlilá convoca a todas á cadea de mulleres que se celebrará o sábado 4 de marzo na praia de Carnota.

Comezarán ás 11:30 h xuntándonos na Praza da Pedra, para celebrar un acto de amizade cheo de sorpresas, e en compañía dos colectivos feministas de toda a comarca (Buserana de Cee, Curandeiras de VImianzo, Círculo Feminista de Carballo e Feminismo en Pé de Ponteceso) lembrando á compañeira Marupe Armendáriz, falecida o 31 de xaneiro.

Ao remate do acto baixarán todas xuntas a praia para protagonizar esa singular imaxe, que xa desenvolveron o ano pasado.

Novas do 8M