Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres

Cadea de mulleres en Carnota con Sonlila polo 8M 2022
Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres

Este domingo tivo lugar a primeira acción relativa ao Día Internacional da Muller. A Asociación de mulleres femininstas Sonlilá convocaba en Carnota a todas as mulleres da comarca para realizar, como acontecera en 2020, unha cadea humana na praia carnotá.

Acodiron ducias de mulleres de toda a Costa da Morte (Carballo, Vimianzo, Cee, Muros, Noia…), para collerse das mans e reivindicar os seus dereitos.

O lema desta edición foi “Nin escravas nin heroínas”, seguindo a liña da Marcha Mundial das Mulleres, e esixindo o cumprimento dos seus dereitos. Nun ambiente festivo e sororo, cantando consignas, baixaron dende a Praza da Pedra ata a praia. No paseo leron un manifesto que sinalou cousas como que “as mulleres somos as que sostemos a vida”, “queremos vidas dignas de ser vividas e libres de todo tipo de violencias”. “Porque as mulleres do rural galego soportamos unha dupla ou tripla precariedade, porque non só sustentamos as vidas das nosas comunidades, senón tamén todo un ecosistema e unha fonte de sustento para todas”.

”Dicimos basta de remendos e tutelas institucionais que falan no noso nome ou nos usan como floreiro das políticas públicas sen solucionaren nada”. “Berramos que estamos fartas dun sistema educativo que reproduce as lóxicas patriarcais do poder e as súas violencias”. “Demandamos unha educación pública de calidade, igualidade e non sexista”.

De aí se dixirion ao areal onde realizaron esa cadea que simboliza a forza de todas as mulleres xuntas.

8M en Carnota 1 8M en Carnota 2
8M en Carnota Mulleres de Sonlila
Mulleres de Sonlilá

Novas relacionadas

Máis novas do #8M

Comentarios