8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres

07:38 02/03/23
Xa coñecemos ás accións de cara ao 8M de colectivos como Buserana. Outra das entidades feminista da comarca, a carnotá Sonlilá convoca a todas á cadea de mulleres que se celebrará o sábado 4 de marzo na praia de Carnota.
Comezarán ás 11:30 h xuntándonos na Praza da Pedra, para celebrar un acto de amizade cheo de sorpresas, e en compañía dos colectivos feministas de toda a comarca (Buserana de Cee, Curandeiras de VImianzo, Círculo Feminista de Carballo e Feminismo en Pé de Ponteceso) lembrando á compañeira Marupe Armendáriz, falecida o 31 de xaneiro.
Ao remate do acto baixarán todas xuntas a praia para protagonizar esa singular imaxe, que xa desenvolveron o ano pasado.
Novas do 8M
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.