#8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres

A Asociación Feminista Buserana, a decana dos colectivos feministas da Costa da Morte, ten preparada xa a súa programación polo 8 de Marzo, Día internacional da Muller. A entidade costeira mantén o lema da Marcha Mundial das Mulleres para este 2023: “Servizos públicos para mellorar a vida das mulleres”.
A primeira parada será un Café Feminista, a celebrar o domingo 5 de marzo ás 18:30h na Cafetería Express, situada na Praza da Constitución, 3, na Alameda. Será unha cita aberta, na que se formularán diferentes dinámicas coas asistentes.
A conversa trasladarase o propio mércores 8 de marzo ás ondas da Radio Nordés - Cadena Ser, ás 13:30h, formulada para calibrar a vida real das mulleres na Costa da Morte. Sen necesidade de cifras, falarán unha muller que traballa no mundo dos coidados, outra que traballa no sector do mar, outra xogadora de fútbol e unha rapaza trans, contarán en primeira persoa como respira a sociedade da comarca.
Ademais, as mulleres da entidade non faltarán a obrigada Concentración do #8M na Praza 8 de marzo, que se celebrará coma sempre, arroupada pola veciñanza, o propio mércores ás 20:00h.
Novas do 8M
- Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións”.
- Novembro 22: Os relatos gañadores do certame de Buserana polo #25N.
- Outubro 22: Encontro fraternal feminista costeiro en Corcubión.
- 8M 2022: #8M: Colectivos feministas e veciñanza demostraron que a loita da muller segue máis activa ca nunca.
- Outubro 2021: As mulleres da Buserana celebraron os seus 21 anos de loita feminista cun emotivo acto.