As caravanas volverán tomar Carnota

Apenas temos na Costa da Morte un par de aparcadoiros agradables para as caravanas pero ningún deles acondicionado cos servizos básicos (tan sinxelo como unha billa e unha fosa séptica para os residuos). Así e todo, milleiros de caravanas seguen chegando día tras días á Costa da Morte sen que reparemos na riqueza que xeran.

Un dos concellos fetiche para as caravanas é Carnota. Sobre todo para a Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), que cada ano teñen unha parada nas praias carnotás. Este ano toca en Semana Santa (polo menos a primeira visita) e o farán para inaugurar o punto de servizo recén instalado en Lira.

Así, a I Expo-caravaning Carnota será os 5, 6, 7 e 8 de abril nos aparcamentos do polideportivo carnotán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).