A hostalería de Carnota une forzas para combatir a estacionalidade

08:25 12/03/12

Todo o que sexa unión dentro dun sector é positivo. Parece que así o entenden xa, Tcoma en Fisterra, en Carnota, onde o pasado venres celebraron a terceira reunión da Hostalería carnotá. Unhas xuntanzas con obxectivo de buscar alternativas conxuntas do sector a estacionalidade e a caída da actividade.
Na reunión estabán presentes tanto establecimentos de restauración, como de hospedaxe ou empresas de deporte activo é naútico. De aí que as ideas vaian nun camiño común:
- 1.- Crear paquetes conxuntos, aunando ofertas de hospedaxe, restauración e actividades complementarias, de maneira que todos os compoñentes da oferta poidan ofertar os paquetes e xestionalo.
- 2.- Crear produtos específicos que se ofertarán no stand do hostalería de Carnota que se vai a realizar para a Semana Santa.
- 3.- Creación dunha web interactiva, da hostalería de Carnota, onde se ofertarán os paquetes e se detallarán as actividades e complementos que van a realizarse.

Novas relacionadas
- Os voluntarios vestiranse con monos brancos e de encaixe.
- A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga.
- Turismo Finisterre une lazos con Santiago e presenta unhas novas xornadas do longueirón.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Carnota.