As caravanas volverán tomar Carnota

08:10 14/03/12

Apenas temos na Costa da Morte un par de aparcadoiros agradables para as caravanas pero ningún deles acondicionado cos servizos básicos (tan sinxelo como unha billa e unha fosa séptica para os residuos). Así e todo, milleiros de caravanas seguen chegando día tras días á Costa da Morte sen que reparemos na riqueza que xeran.
Un dos concellos fetiche para as caravanas é Carnota. Sobre todo para a Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), que cada ano teñen unha parada nas praias carnotás. Este ano toca en Semana Santa (polo menos a primeira visita) e o farán para inaugurar o punto de servizo recén instalado en Lira.
Así, a I Expo-caravaning Carnota será os 5, 6, 7 e 8 de abril nos aparcamentos do polideportivo carnotán.
Novas relacionadas
- I Concentración Ecológica-Cultural A.G.A: Autocaravanistas de toda Galicia recollen máis dunha tonelada de lixo na praia de Carnota.
- Carnota amosa a súa artesanía local por Semana Santa.
- A hostalería de Carnota une forzas para combatir a estacionalidade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).