Carnota amosa a súa artesanía local por Semana Santa
08:50 13/03/12
Será completa a Semana Santa en Carnota. Se estes días coñeceremos máis actividades (como unha ruta BTT ou unha xuntanå de caravanas), hoxe damos conta da I Mostra de Promoción Local, que nace co lema "Víndemo ver".
Dende o xoves 5 de abril ata o domingo 8, a Praza do Concello será invadida polos postos de artesanía, os produtos agrícolas e gandeiros. Ademais haberá música tradicional e daghora e demostracións en vivo de enxaixe, cestería, olería, debuxo, talleres de reciclaxe para nenos...
Novas relacionadas
- A hostalería de Carnota une forzas para combatir a estacionalidade.
- Elisa Gallego repasa o proxecto de recuperación das Casetas de Caldebarcos.
- A recuperación do Camiño das Peixeiras descobre outro Outeiro das Cacholas.
Fonte
- Concello de Carnota.