Descobren un novo petroglifo que podía servir de guía no camiño do Monte Pindo

Segue traendo sorpresas o novo Olimpo Celta, i é que a medida que imos estudiando a súa fisionomía, os seus segredos van descurbindo novas partes da súa mítica historia.

Desta volta, o pasado domingo, dous veciños facían un novo descubrimento nunha das súas habituais andainas. Jordi Tato, directivo da AMPPN, e Iván Franco, concelleiro de Cultura de Carnota, atoparon durante unha visita ao Olimpo Celta un petroglifo que non estaba catalogado, preto do camiño que sube desde o Fieiro.

Trátase dunha cruz extraordinariamente semellante ás presentes no propio cumio da Laxe da Moa, aínda que moito menos erosionada que aquelas probablemente pola súa orientación, e que poderían estar relacionados cos intentos de cristianización dos cultos pagáns que ata hai tempos moi recentes tiñan lugar no Olimpo Celta. O símbolo parece orientarse hacia o camiño de subida

Segundo a asociación, “este descubrimento ten unha gran importancia pois é a primeira vez que se encontra un símbolo destas características nun dos accesos en vez de nun lugar de culto consolidado, como é o caso da Laxe da Moa, pico Penafiel ou Cova da Xoana”.

Hoxe a Asociación Monte Pindo Parque Natural notificiará ás autoridades a ubicación deste achádego para proceder á súa catalogación, incrementando asi o múltiple patrimonio arqueolóxico do Monte Pindo.

Novas relacionadas

Fonte