Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Monumento Natural do Monte Pindo, na portada dunha revista científica internacional

O Monumento Natural do Monte Pindo, na portada dunha revista científica internacional
O Monte Pindo na portada da revista xeoloxica Landscapes and landforms of Spain

As formas graníticas do Monte Pindo “deben ser consideradas como monumentos naturais e polo tanto ser obxecto de especial protección polas autoridades competentes (…) como o son xa o son noutras partes do mundo como por exemplo os Yosemites en California, Castle Rock en Idaho, ou Kangaroo Island en Australia”.

Así de contundente é o equipo do Instituto Universitario de Xeología Isidro Parga Pondal da Universidade de Santiago de Compostela, na tese dirixida por Mayor Rodríguez e Vidal Romaní. I é que “a fervenza do Xallas, os tafoni-cova e os tafoni-pía, o cume da Moa e ás formas graníticas que se atopan o longo do seu percorrido” trascenden o xeolóxico, o científico, para telas que tratar a nivel social, cultural, etnográfico.

Unha referencia desa relevancia atopámola este mes, e como nos contan dende a Monte Pindo Parque Natural nas páxinas da biblioteca monográfica de xeoloxía World Geomorphological Landscapes, (ed. Springer, 2014), unha das publicacións mundiais de referencia na materia. No seu estudio sobre as paisaxes xeolóxicas españolasl Landscapes and landforms of Spain, destaca as formas do Monte Pindo e doutras partes da Costa da Morte (vemos as imaxes graníticas espectaculares en Quilmas, Corme ou o Ézaro):

Formas Graniticas espectaculares na Costa da Morte-Fonte-Landscapes and landforms of Spain

A Costa da Morte en World Geomorphological Landscapes

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios