Fernando Ontañón conta o Tinglado a súa nova novela

Como case todolos sábados, O Tinglado trae a Carnota unha oferta cultural singular, manténdose fiel á súa disposición de difundir o traballo de outras persoas que, dende o seu tempo e as súas vidas, aportan á cultura global o seu talento.

Dentro dos "eventos" artellados polo noso Nando Lestón, destacan aqueles autores e autoras que pasaron polo Espacio presentando literaria e amenamente o seu traballo. Nesta ocasión, este sábado ás 18:30 h. estará con nós Fernando Ontañón, que vén de gañar o Premio da Crítica en prosa castellana coa súa novela "Los sueños heroicos".

Fernando é santanderino pero botou tantos anos na Coruña que é galego de pro. Alí compaxinou a sua labor literaria co seu traballo de Redactor independente. Habitualmente colabora en prensa e imparte talleres de escritura creativa na Fundación Luis Seoane da Coruña... aínda que, por motivos profesionais, agora vive en Madrid.

Fernado Ontañón xa ten un interesante rastro literario e caben destacar novelas como Relatos invisibles (2010), El periodista despedido (ganadora do X Premio de Novela Corta Dulce Chacón 2014), El orden invisible de las cosas (2016), Mi vida en otra parte (2019) e Emboscados (2022).

Esta novela fala de Waldo e Lana, unha parella que decide cambiar de vida na cidade para instalarse nun povo do Priorat para rexentar un hotel de turismo enolóxico (relacionado co viño). O paso dos anos vai creando diferentes forzas tectónicas entre a parella que se move entre a ilusión e o desgaste dos anos, que pasan, por suposto, a súa factura. 

Máis novas