Tinglado, o novo punto de encontro cultural en Carnota
Nace TINGLADO o 1 de agosto de 2024 ás 12:00h. Era un xoves e o parto durou un mes e medio... Todo saíu ben e a familia está contenta ca "criatura".
Nace TINGLADO como un espacio innovador en Carnota que fusiona a gastronomía e a arte. Un espacio cultural que cultiva a sencillez e a cercanía no trato respectuoso, estando lonxe de calquera fobia ou rechazo social a formas de ser e pensar diversas.
Nace TINGLADO fóra do ámbito dos magníficos restaurantes que traballan na zona e que cumplen unha función imprescindible que é ofrecer un produto de máis arraigo e tradición na comarca.
Polo tanto, TINGLADO non compite, senón que colabora na dirección de cubrir un espazo que non aparecía nas propostas carnotanas e que tende a diversificarse para a súa propia supervivencia.
Debemos dicir que TINGLADO nace ca intención de perdurar no tempo, non é pois un producto ocasional para turistas, senón para toda a poboación carnotana que teña a ben pasarse por alí.
TINGLADO é basicamente un punto de encontro para as veciñas e veciños que desexen disfrutar da nosa experiencia persoal,na que se poderá disfrutar dun completo almorzo ou dunha forma nova de merendar;á vez que poden levarse todos os productos para degustalos onde desexen ou facer encargos personalizados.
Na nosa filosofía cómpre destacar que tanto na elaboración como na materia prima que se usa, primamos a calidade e o produto fresco, variado e san.
Así como a implementación dun "formato" de temporada, na que elaboramos certas ofertas gastronómicas segundo a época do ano, como sobremesas, mermeladas, biscoitos e tostas.
Pero TINGLADO, ademais de dar de comer ao corpo tamén quere alimentar a alma e é por iso polo que nos propuxemos facer unha fusión entre a comida, o sentir artístico e o activismo cultural.
TINGLADO, sen pecar de ambición nin de incautos, quer colaborar na dirección da cohesión social. Sabemos que quedarse na casa no inverno ca mantiña no sofá é unha boa opción, pero tamén sabemos que interactuar social e culturalmente enriquece a unha "comunidade" e que crea apertura na socialización de diversos pensares.
Pensamos en facer de TINGLADO un programador de contidos onde nenas e nenos, adolescentes ou madurit@s, podan expresarse libremente no seu Ser e acceder a un "servicio" que os faga sentir "importantes". A través da degustación, escuita ou suxerencias oden encher as necesidades vitais creando sinerxias nas que podan reflexionar dende diferentes puntos de vista.
TINGLADO non é unha cafetería pero temos café e diversas opcións saudables de almorzo. Non é un merendeiro pero temos diferentes opcións para merendar nun espacio acolledor e alternativo. Isto é algo que sempre quixemos facer. TINGLADO é un espacio pensado por Nós e para Nós, pero desexamos compartilo con Vós.
Un TINGLADO é por definición un alpendre mal apañado. Construído con materiales sobrantes e polo xeral probes.Construído para facer unha función pero que remata por usarse para todo.Un TINGLADO é tamén un conxunto de cousas sen orde nin concerto.
TINGLADO fui construído con materiales de desfeita, recuperados de lugares onde as cousas rematan a sua vida útil. Abandonos humanos recuperados do esquecemento.
É pois que, en TINGLADO, todos os mobeis e a decoración sae das crebas e do lixo, para darlles unha nova vida, ca súa verdadeira personalidade, algo que nos permitiu afrontar este proxecto con poucos recursos... Ademais hai literatura para levar (aínda que insistimos en que debe comprarse na librería CHORIMA, xa que a labor de Jessica é fundamental); tamén cadros, música, esculturas pequenas e cachibaches varios.
Por último, TINGLADO ofrece un servicio de asesoramento no deseño de espacios e arquitecturas menores, así como restauración de moveis, tuneado ou encargos específicos como lámparas, mesas, sillas e unha pequena tenda onde podes atopar todo tipo de curiosidades e accesorios. Chamámolle A Pequena Tenda dos Errores.
Estaremos tamén visibles no facebook e no instagram e iremos contando cousas asegún as vaiamos creando, mentras tanto... vinde.
TINGLADO está aberto de martes pola tarde a domingo e o luns está pechado. O resto da semana o horario é de 9:00 a 12:00 e de 17:00 a 20:00h (máis que nada, por vós, que tamén traballades). A... Capito?
Nada máis.
Benvidos a TINGLADO.
- Nando Lestón, Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.