Guadalupe Vázquez Formoso presentou a súa novela sobre o acoso escolar no Tinglado
10:29 22/12/24
Pecho o Tinglado este ano de apertura cunha presentación moi especial. Guadalupe Vázquez Formoso levou a súa novela Alicia no Labirinto das Sombras (Belagua Ediciones), a súa primeira novela xuvenil que afonda sobre a problemática do acoso escolar.
Nun Tinglado abarrotado de público, Guadalupe debullou a novela, pero sobre todo abriu un reflexivo debate colectivo sobre o tema que a autora trata na obra: o do acoso escolar, seguindo a filosofía de Nando Lestón, un artista comprometido coa terra, coa arte, e coas causas sociais.
O noso Lestón, que está ao frente do establecemento, afirma que o Tinglado é un lugar que busca “darlle de comer ao corpo e alimentar a alma”, e Alicia no Labirinto das Sombras é un libro que alimenta a alma.