O Tinglado reflexiona sobre o territorio

”Queremos unha Costa da Morte viva?”.
Esa é a pregunta que se fai Nando Lestón para convertir o Espacio gastro-cultural O Tinglado nunha Ágora que reflexiona sobre o territorio. Porque “o Tinglado tenunha conexión emocional co territorio, e a “ocupación e explotación” que están vivindo algúns dos nosos máis simbolicos espazos naturais non pasa desapercibido
Este sábado 25 de xaneiro, ás 18:30h, o espazo carnotán acolle unha charla sobre as agresións ao Monte da Ruña no que participacirán membros da Plataforma Vendaval Costa da Morte (que ademais o domingo realizarán unha andaina reivindicativa precisamente ata o alto da Ruña” contra o espolio da nosa terra”) e xentes do Monte Pindo Parque Natural.
”Lembro ir a Madrí á manifestación do Prestige e, non fai, tanto á de Eolicos Sí pero non ASÍ e, do que me dou conta e de que en Madrí estamos todos xuntos na mesma causa pero… aquí na casa… cada un ocupándose do seu”, reflexiona Lestón. Por iso considera necesario “recapacitar e facer recapacitar”. .
A xornada incluirá o visionado do vídeo sobre a Ruña de Francisco Santiago López, e despois, a charlar e a analizar as ameazas.