O cante coral únese ca gastronomía para facer festa

Segue a ser impresionante o tirón do cante coral na Costa da Morte. Unha das probas máis claras é o Certame de Corais Costa da Morte, que este ano chegaba a súa 4ª edición, e que se celebraba na Igrexa Nova de Baio. Era a Coral Xan Mella de Baio a anfitriona, e volveu demostrar que sabe como facer festa: concerto e despois pantagruélica festa gastronómica.

Ata 7 corais (Laxe, Muxía, Muros, Carnota, Cesullas, Corcubión e Baio) e case dous centos de coralistas participaron no Certame, que xa é o festival de polifonía máis grande da Costa da Morte ata agora (e por pouco xa dicimos aquelo de "o máis grande de Europa").

Coa Igrexa ateigada, soaron habaneras, espirituais negros, canción pop, boleros, de autor, cantigas vascas e, por suposto, canción galega… un pouco de todo, para deleitar e prepararnos para o xantar.

Da Igrexa ao salón onde disfrutaron dunha festa post-concerto chea de ledicia e confraternización entre as sete corais participantes. Houbo tortillas, xamóns de porco, callos, rosco, café, chupitos, viño e moitas cantigas ata altas horas da madrugada. Esta xente maior si que o sabe montar ben!

As corais

Novas relacionadas

Fonte