As corais da Costa lánzanse ao pop


Impresionante o xeito de espallar o cante coral da Costa da Morte que teñen estes baieses. A Coral Xan Mella segue coa xira de outono e se hai un par de semanas tiveron cita na capital asturiana, o sábado pasado estiveron presentes no Concerto de Outono de As Pontes de García Rodríguez que organizou o Concello e a Coral Endesa.
Pero a participación costeira foi doble, os baieses compartiron escenario co veciño "Coro de mulleres de Camariñas", ademais dos anfitrións e da Coral de Mos (Pontevedra). Foi un festival moi entretido e variado, malia que o Teatro Aloví non tiña unha acústica moi preparada para o cante coral.
A nota máis destacada da fin de semana foi escoitar o xeito de como os temas máis modernos da coral baiesa foron dos máis aplaudidos. A interpretación de clásicos dos 80 como “Hijo de la luna”, de Mecano, e “California dreaming”, dos Becha Boys, fai que os directores da Coral reflexionen sobre como os afeccionados á música coral gustan tamén desta clase de música ademais das "habaneras e galegadas".
Importantes son os pre e post de cada concerto destas características. Antes, un par de copazos para prepara a voz, e despois, un cenorro pantagruélica para baixar o concerto. Todo, en confraternidade coas corais irmás.

Vindeiras actuacións
E o vindeiro domingo 30 de outubro a Coral Xan Mella en Vimianzo no I Encontro de Corais da Terra de Soneira. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura.
Novas relacionadas
- A Oviedo coa Coral Xan Mella.
- A Xan Mella viviu unha intensa fin de semana.
- A Coral Xan Mella celebra o éxito do Encontro cunha boa cachela de San Xoán.