Venres. 29.03.2024
El tiempo

Isto si que é unha Asemblea Xeral

Isto si que é unha Asemblea Xeral

Esto si que é unha Asemblea comodiosmanda. Aquí vemos a toda a familia da AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella celebrando a súa asemblea xeral ordinaria o pasado venres. Unha xuntanza que ademais de servir para facer balance do traballo feito no pasado 2011 e de estudiar as propostas para este 2012, tiveron tempo para comer, cantar e bailar. Ademais, a Coral baiesa cumple 10 anos, e iso hai que celebralo por todo o alto.

Un 2011 completo

Foron 25 actuacións as celebradas pola Coral Xan Mella no ano pasado das que 18 foron fora de Baio (destacan a celebrada no Centro asturiano de Oviedo) nun periplo que ademais de levalos a terras asturianas achegounos a Beluso-Bueu (Pontevedra), Calo-Teo (Santiago), Muxía, Santa Comba, Cee, Traba-Coristanco, Laxe, Corcubión, As Pontes de García Rodríguez, Sada e Malpica.

Ademáis da coral a asociación celebrou a tradicional Cachela de San Xoán, colaboraron na presentación de libros (destacando a multitudinaria presencia de xentes na presentación da obra póstuma "Sabias que Baio... e algo máis" do presidente fundador Pepe Valiña), saíron de Ronda de Nadal polos bares e tabernas de Baio e , sobre todo, continúan coa Escola de Música onde preto de 50 rapazas e rapaces acuden a clases de piano e linguaxe musical.

Un 2012 de celebracións

Para este ano 2012 no que celebran o X aniversario da Coral Xan Mella hai programados tres concertos en Baio nas seguintes datas:

  • X Encontro de corais o sábado 16 de xuño.
  • Encontro de corais da costa da Morte o sábado 20 de outubro.
  • IX Memorial Pepe Valiña, Concerto X aniversario o sábado 15 de decembro.

Ademais, a entidade está pensando editar unha revista conmemorativa do X aniversario onde se recolla unha escolma fotográfica destes dez anos sempre baixo a batuta da nosa profesora Tatiana Pankrátova.

Un fin de asemblea de celebración

Para rematar, e como ven sendo tradición, estes zaenses non perdoan, e se pegaron unha pantagruélica cea cociñada polas irmáns do presidente fundador (non faltaron as "Ameixas estilo Casa Ovidio" nin o galo de corral). Aos postres Olga e Teresa Valiña fixeron entrega á nosa asociación dos beneficios que deu a venda o libro de seu irmán José Rojo Valiña.
E como non, non faltaron as cantigas de sobremesa acompañadas da guitarra do bo amigo Oscar Moya, que acompañaron ás "orellas" de Carmiña de Kilowatio, as "chulas" de Maruja de Costa, o "flan de queixo" de Matilde de Roberto e as "láminas de chocolate suízo con noces" de Marité Motos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios