O Parque Natural Monte Pindo chegou a 222 lugares do país
         02 de marzo de 2011 (22:09 h.)
      
    Por todo o mundo
En breve poderemos disfrutar do flashmob completo, que formará parte do episodio do programa MOBilízate! de V Televisión. E nel poderemos ver de todo: desde unha leira chea de vacas cachenas, desde o cole ata o mesmísimo hemiciclo do Parlamento Europeo (na foto). Cóntanos dende Carnota que o Monte Pindo estivo presente en lugares tan dispares como Aranga, Palas de Rei, Fisterra, Ourense, Cuba, Arteixo, Compostela, As Pontes, Verín, Barcelona, Chantada, Melide, Pontedeume, A Coruña, Londres, Allariz, Rois, Ponteareas, Oroso, Bruxelas e por suposto Carnota. O punto final da viaxe do logo da AMPN xa saberán cal é... A Moa, por suposto.Grande repercusión
A orixinal iniciativa xerou un gran interese, sobre todo nas redes sociais e blogs galegos, sempre tan á última do que pasa. Por suposto o diario Que pasa na Costa anunciou o evento. Pero tamén o fixeron outros portais de referencia da rede submariña galega como Chuza ou o diario referencial en información tecnolóxica Código Cero.Novas relacionadas
- Un flashmob polo Parque Natural Monte Pindo.
 - Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?.
 - A Xunta non creará nesta lexislatura o Parque Natural Monte Pindo.
 - O sector marítimo de Carnota apoia o parque natural Monte Pindo.
 - As baleas tomaron O Pindo.
 - A Costa sabe degustar o seu mar.
 - A Asociación Monte Pindo Parque Natural preséntase en sociedade.
 - Luar na lubre homenaxea ao Monte Pindo no seu último disco.
 - Atopan posibles fósiles mariños no Monte Pindo.
 - A AGACS apoia o Parque Natural Monte Pindo.
 - A bitácora da semana (CVI): República de Carnota.
 - Nace a Asociación Monte Pindo Parque Natural.
 - O BNG de Carnota pide aos grupos politicos que se volquen co Parque Natural Monte Pindo.
 - Asociacións de Carnota apoiaron a candidatura do Parque Natural Monte Pindo.
 - A Costa da Morte debate sobre a creación do Parque Natural Monte Pindo.
 - Propoñen a creación do Parque Natural Monte Pindo.
 
Máis información
- Grupo de Facebook: Parque Natural Monte Pindo.
 - Grupo de Facebook: Na Defensa do Monte Pindo.
 
Novas informativas
- O Monte Pindo de Galicia e os grabados rupestres prehistóricos, por José Luis Galovart Carrera.
 - Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo, por Jose Luis Galovart Carrera.