Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O sector marítimo de Carnota apoia o parque natural Monte Pindo

O sector marítimo de Carnota apoia o parque natural Monte Pindo

O Monte Pindo continúa recabando apoios. O último, o compromiso das Confrarías de Pescadores de Pindo e de Lira, entidades que agrupan as traballadoras e os traballadores dos sectores da pesca e o marisqueo do concello de Carnota, que uniron xa os seus folgos a prol da declaración de Parque Natural para o Monte Pindo. O apoio da de Lira aprobouna a súa directiva esta mesma semana.

Ao forte impulso que supón este apoio moral por representar un colectivo tan importante do concello, únese o feito de seren dúas entidades referenciais entre todas as Confrarías galegas por destacarse na posta en valor do noso medio de vida tradicional e tamén na loita polo desenvolvemento sostible do noso entorno. Ambos pósitos participan en todas as actividades de revalorización do sector mariñeiro como nas Xornadas Cómete o mar, a última sesión da Herdanza Cultural do Mar, ou as Xornadas do Piño Mariño.

Novas relacionadas

Máis información

Novas informativas

Fonte

Comentarios