Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?

Quen é o que non quere o Parque Natural Monte Pindo?
"Indignación e engano". Así amosa hoxe a Asociación Monte Pindo Parque Naturala súa estupefacción ante a información que aportou a Xunta o pasado martes 22 de decembro cando enviaba unha unha nota de prensa indicando que non creará nesta lexislatura o Parque Natural Monte Pindo. Unha nota de prensa que de feito se enviaba, dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nunca dende o Observatorio, antes mesmo de que se celebrara a devandita reunión. "Indignación e engano" xa que a reunión do Observatorio Galego da Biodiversidade non tratou en ningún momento o tema deste xeito e de ningún modo as conclusións do Observatorio foron estas. Segundo os membros de ADEGA e da Asociación MPPN que presentaron a proposta "Dentro da reunión o debate transcurriu dun xeito ben diferente. Así, a unanimidade dos presentes coincidiron na enorme importancia do Monte Pindo e na necesidade de avanzar na súa protección. Pero hai que deixar moi claro que dentro da reunión nin se rexeitou nin se aprobou -lamentablemente- o parque natural do Monte Pindo", afirman. Denuncian que "a posición da Xunta xa estaba tomada de antemán, e convertiu todo canto se falara dentro da reunión nun completo paripé, brindis ao sol, ou fraude á cidadanía, segundo se mire".

O Parque Natural segue en marcha

A Asociación Monte Pindo Parque Natural anuncia que "as aspiracións de ver o Olimpo Celta convertido no sétimo Parque Natural galego seguen tan intactas como antes da reunión".

Novas relacionadas

Máis información

Novas informativas

Fonte

  • Xunta de Galicia.
  • Asociación Monte Pindo Parque Natural.
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.
  • Comentarios