O Olimpo Celta tamén loce a bandeira Palestina
12 de outubro de 2025 (09:35 h.)
Menudas imaxes deixaron a ruta ata a Moa que realizaron este sábado medoo centenar de persoas. Convocada polo Colectivo de Apoio a Palestina Costa da Morte (COAP Costa da Morte), e baixo un ceo relucente, o grupo de camiñantes encheron de bandeiras e de reivincacións os sendeiros que unen o Fieiro e o cumio do Olimpo Celta, deixando imaxes moi simbólicas.