Hai xente auténtica á que lle complicado escapar desa forma de ser. Mo e Alba son así. Naturais de Camelle, e alonxados das “merdas esas” das redes, levan anos compoñendo e tocando para as amizades, e a pesar de ter máis de 20 temas propios, esta é a primeira vez que se lanzan á rede.
Acaban de publicar en Youtube o seu primeiro videoclip “Hijos de Caín”, un berro por Palestina. “Esta vez si que queríamos poñer o noso grao de area porque é tan grave o que está pasando que…”

Modesto Modesto Tajes Suárez (mergullador profesional pensionado por problemas nun brazo e fillo do mítico Rubio de Camelle) e Alba Suárez Marcote (técnica de farmacia), tiraron da experiencia de “Masando Pulpos Producións” (que non é outra persoa que Xurxo Rodríguez, o voceiro do BNG camariñán é vello amigo e compañeiro nunha banda que precisamente se chamaba Masando Pulpos a finais dos 90, con Xurxo de cantante, chegando a gravar varios vídeos para a TVG) para gravar esta crúa peza de 7 minutos na que Mo lanza unha gorxa rasgada moi potente diante de numerosas imaxes do xenocidio.
O nome D´Bronteroc vén de dúas cousas: primeiro esta o D’ que algunha vez lle puxeron en inglés THE… Ese D vén do manga, de One Piece, que son piratas, e nós como somos furtivos toda a vida… E Bronteroc é algo aínda máis persoal. Mo chamaba sempre Pitiño a Alba, pero despois de ver unha película, “Non mires arriba”, decidiron utilizar o nome do animal imaxinario de plumas que aparece na parte final, pasando Alba a ser a “miña bronteroc” para Mo.
Levan 4 anos creando cancións (compoñen xuntos), “como hobby”, cun estudio pequeno que foron montando e cun “modesto” estudio na casa, no que van gravando eles mesmos, por pistas, todos os instrumentos. “Compoñemos para nós para as comidas cos amigos, para rirnos”, explican. “Fai varios anos que lle fixemos de teloneros de Ser no City of Agra, (xa tocamos xuntos hai moitos anos)”, explica Modesto. “Despois tamén un concerto en agosto nun bar de camelle e o ano pasado, invitáronnnos a ser o cabeza de cartel do City of Agra. Non puidemos negarnos… polo pueblo o que sexa”, ri.
”Hijos de Caín” chega “sen efectos, gravado ao natural, limpa de todo, así de sinsera vai. O importante é a mensaxe”, explica. “Parece que nos acustumamos ao malo que ves como se non pasase nada, coma quen ve chover, pero aquí o tema non é de agora, non hai de 5 anos, leva 80 anos de ocupación”.
Así, comprobamos que saltan por primeira vez ás redes, e esperemos que non sexa só a xente de Camelle os que poida gozalos. Para iso, esperamos que poidan acceder a gravacións un pouco máis profesionais!