venres. 19.09.2025
El tiempo

Carnota e Cee renderon homenaxe aos 280 xornalistas asasinados en Gaza

Acto en Cee polos xornalistas palestinos de COAP Costa da Morte
Acto en Cee polos xornalistas palestinos de COAP Costa da Morte
Carnota e Cee renderon homenaxe aos 280 xornalistas asasinados en Gaza

Unha semana máis, a sociedade da Costa da Morte saíu á rúa para expresar a súa condena pao xenocidio palestino. As vilas de Carnota e Cee acolleron sendos eventos solidarios e reindicativos, para facer verlle ás nosas administracións o sentir popular perando a masacre que perpetúa o goberno sionista israelí sobre Gaza e os territorios ocupados de Cisjordarnia.

En Carnota foi o pasado mércores cando numerosas familias se xuntaron noutra nova cacerolada poética por Palestina, para dar conta de que a palabra tamén resoa.

Cacelorada poetica en Carnota por Palestina
Cacelorada poética en Carnota por Palestina

Xa onte, xoves 18 de setembro, o Colectivo de Apoio a Palestina COAP Costa da Morte organizaba un evento para render homenaxe aos arredor de 280 xornalistas asasinados en Gaza os 23 meses de operacións militares de Israel no enclave palestino. A Praza 8 de Marzo de Cee vestiuse cun mural, “Voces de Gaza”, feito con imaxes de cada un deles, e as mulleres do colectivo foron nomeando un a un, os 280 nomes.

”Se o Exército israelí segue a matar xornalistas en Gaza a este ritmo, pronto non quedará ninguén para nos informar”, denunciaron, destacando a iniciativa global promovida por Reporteiros Sen Fronteiras, asinada por máis de 200 medios e organizacións, na que pide a protección dos profesionais dos medios palestinos, así como o acceso independente da prensa internacional a este territorio, que ata o de agora vén sendo denegado polas autoridades israelitas.

E para rematar leron un texto de Nour Al-Saqa, unha moza gazatí desprazada de 25 anos, traballadora de Medico Sen Fronteiras na Franxa: “A vida en Gaza ensínache moitas cousas. Durante moito tempo quixen irme, mais agora sinto que non podería aturar vivir en ningún outro lugar do mundo. Gaza paréceme o único lugar real que queda na Terra. Non sintan mágoa por nós. Sintan mágoa por vostedes mesmas, por vivir en países que arman a Israel, que envían armas para matar as crianzas. As súas bombas están a matar crianzas e, se iso lles molesta, entón non sintan mágoa poor nós, sintan mágoa por vosotedes mesmas, por non ter a suficiente influencia no seu propio país para detelo”.

Outras novas sobre Palestina

Comentarios