Os carnotáns prepáranse para a súa primeira Carreira Viquinga

Onte descubrimos a Ruta BTT da Semana Santa de Carnota. Pero é que a Mostra Víndemo Ver ten moitas máis cousas. E unha das máis curiosas será esta I Carreira Viquinga de Carnota.

A cita, organizada polo Concello e polos bravos do "Praia de Carnota Runners", será o domingo 31 de marzo de 2013, e a saída será ás 11:00h da Casa do Concello. Pero de aí toca tira para arriba, visitando varios dos tesouros arqueolóxicos do Concello.
Do Concello subirá ata o "Castro de Mallou" e seguindo pro monte de Lira dàndolle volta a "Torre dos Mouros" voltando pola "Senda Verde" e tamèn pasando pola "Laxa escrita" de Carnota pra rematar na casa do Concello.

Podedes comprobar o perfil e por onde sobe no Wikiloc.

Máis información e inscricións

Xa poden formalizar a Inscripción, de balde no Teléfono do Concello de Carnota 981 85 70 32 ou enviando un correo a maria.silva@carnota.es.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).