Venres. 29.03.2024
El tiempo

As BTT toman os montes de Dumbría e Carnota

As BTT toman os montes de Dumbría e Carnota
As bicis de montaña preparadas para as Rutas BTT de Dumbría e Carnota-Foto- Club Ciclista Dumbria

Comeza a temporada ciclista na Costa da Morte. Os amantes das BTT xa teñen engraxadas as cadeas, apretados os freos, e listas para enlamar as bicicletas de montaña ata arriba.

Este sábado 16 toca Ruta BTT en Dumbría (clube que xa ten en marcha 3 probas máis a dúas rodas para a primavera), e mentres, os afeccionados xa están reservando praza para a II BTT de Carnota. Veremos se o muradán, José Vicente Formoso Otero (Triki), adestrador do equipo dumbriés, non arrasa de novo como ano pasado, cando vencíu na I Ruta de Carnota e mais na II Ruta dumbriesa.

Ruta BTT Carnota 2013

I BTT de Carnota

Mañá falaremos da Carreira Viquinga, toda unha novidade, pero hoxe apuntamos a cita deste vindeiro xoves 28 de marzo, no medio da semana santa e no marco da Mostra Víndemo Ver, como acontecera o ano pasado na I Ruta . A saída e a chegada será dende o Concello, cun novo percorrido de 40 km.

Cómpre inscribrise canto antes no 981 857 032, en www.concellodecarnota.com ou enviando un correo a [email protected].

III Ruta BTT Dumbría

Xa fixeron o percorrido os membros do Club Ciclista Dumbría. E xa teñen perfilada o Wikiloc da Ruta BTT Dumbría 2013, para que os 350 inscritos (as prazas xa levan cubertas semanas demostrando que a proba é unha referencia a nivel galego) poidan saber o que lle espera.

Logo dun pequeno percorrido por Dumbría, as bicicletas collerán monte en dirección de Figueiroa, Buxantes, Filgueira, San Cremenzo, Miñons, donde a organización ten previsto o avituallamento, Carboal, Bustelo e Dumbría.
A duración do percorrido calcúlase entre 3 e 4 horas, dependendo do nivel físico do ciclista, unha vez entrado en meta, a organización ten preparado: puntos de lavado para bicicletas, recuperadores nutricionales, camiseta, ducha, masaxe recuperador, exposición de bicicletas e comida. O mesmo tempo, dentro do programa de actividades da ruta, existe unha excursión para acompañantes, donde unha guia turística amosará os puntos máis emblemáticos do noso Municipio, Fervenza, cemeterio etc.

Os 350 participantes da ruta, na súa maioria pertencen a clubes da bisbarra, Vimianzo, Cee, Muros, Camariñas, Arteixo, Laracha , Coruña, Ferrol así coma tamén con xente de Ourense Lugo e incluso un corredor de Ponferrada.

Pincha na imaxe para analizar a Ruta Dumbriesa no Wikiloc

Máis citas dumbriesas

Atentos ao Club Ciclista Dumbría, que xa ten prantexadas unha nova ruta BTT Trofeo de Dumbría Ralli Mini Btt para o 11 de maio; unha ruta de estrada para o 1 de xuño en para as categorías base, e unha ruta cicloturista de estrada para o 8 de xuño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios