Os carnotáns prepáranse para a súa primeira Carreira Viquinga


Onte descubrimos a Ruta BTT da Semana Santa de Carnota. Pero é que a Mostra Víndemo Ver ten moitas máis cousas. E unha das máis curiosas será esta I Carreira Viquinga de Carnota.
A cita, organizada polo Concello e polos bravos do "Praia de Carnota Runners", será o domingo 31 de marzo de 2013, e a saída será ás 11:00h da Casa do Concello. Pero de aí toca tira para arriba, visitando varios dos tesouros arqueolóxicos do Concello.
Do Concello subirá ata o "Castro de Mallou" e seguindo pro monte de Lira dàndolle volta a "Torre dos Mouros" voltando pola "Senda Verde" e tamèn pasando pola "Laxa escrita" de Carnota pra rematar na casa do Concello.
Podedes comprobar o perfil e por onde sobe no Wikiloc.

Máis información e inscricións
Xa poden formalizar a Inscripción, de balde no Teléfono do Concello de Carnota 981 85 70 32 ou enviando un correo a [email protected].
Máis información
- Concello de Carnota: II Mostra Víndemo Ver.
- Ruta Wikiloc da Carreira Viquinga en Carnota.
Novas relacionadas
- As BTT toman os montes de Dumbría e Carnota.
- Carnota volve deixarse ver na segunda Mostra Víndemo ver.
- Históricas Xornadas “De Castros a Castelos” este verán en Carnota.
- Víndemo Ver 2012: Un Mar de arte agrícola en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).