Os loitadores do metal da Costa da Morte invaden Madrid

Seguen medrando as propostas musicais da Costa da Morte. Xa os coñecimos canda a Escolma de bandas costeiras, e hoxe nos alegramos de que van dar o salto ás salas madrileñas. Falamos de The Gone&Lost, banda metaleira composta por 3 veciños da bisbarra, un coruñés e un santiagués. E malia que veñen de anunciar que a súa voz ten que deixar a banda, de seguro que non faltan á súa do 3 de febreiro no marco do concurso Wrestling of metal. Aló seguro que estarán os ceenses Gonzalo e Iván Villar (que xa coñecimos como bailarín de danza de alto nivel) e os carnotán Álvaro Lariño. Os tres forman a columna vertebral desta banda cañeira que segue colleintando apoios. De feito, veñen de recibir financiamento da man de HT Producciones SL e Dalleqlibras. Non poderemos axudarlle na votación do certame pois será na propia sala, pero dende aquí enviarémoslle o noso máis fervente apoio ademais de enviar a algún veciño costeiro emigrado na capital do Estado. Sen máis, aí vos deixamos cun pouco de caña costeira.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).