Os loitadores do metal da Costa da Morte invaden Madrid
12:45 20/01/12
Seguen medrando as propostas musicais da Costa da Morte. Xa os coñecimos canda a Escolma de bandas costeiras, e hoxe nos alegramos de que van dar o salto ás salas madrileñas. Falamos de The Gone&Lost, banda metaleira composta por 3 veciños da bisbarra, un coruñés e un santiagués.
E malia que veñen de anunciar que a súa voz ten que deixar a banda, de seguro que non faltan á súa do 3 de febreiro no marco do concurso Wrestling of metal.
Aló seguro que estarán os ceenses Gonzalo e Iván Villar (que xa coñecimos como bailarín de danza de alto nivel) e os carnotán Álvaro Lariño. Os tres forman a columna vertebral desta banda cañeira que segue colleintando apoios.
De feito, veñen de recibir financiamento da man de HT Producciones SL e Dalleqlibras.
Non poderemos axudarlle na votación do certame pois será na propia sala, pero dende aquí enviarémoslle o noso máis fervente apoio ademais de enviar a algún veciño costeiro emigrado na capital do Estado.
Sen máis, aí vos deixamos cun pouco de caña costeira.
Máis información
Novas relacionadas
- Entrevista con Iván Villar, un ceense na vangarda da danza do país.
- Os grupos culturais da zona poden inscribirse xa na Rede Cultural 2012 da Deputación.
- LeöKCh en estado de ansiedade.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).