Pepe do Fieiro, Premio Nordés 2017
José Rodríguez Ramos, Pepe do Fieiro, será o protagonista da Gala dos Premios Nordés 2017, que se celebrará o venres 24 de novembro ás 21h. na Casa da Cultura de Vimianzo. Levará o premio principal, o Premio Nordés.
Pepe leva subindo e baixando ao Monte Pindo dende que tiña 6 anos e o sigue facendo con 83, cunha enerxía e vitalidade excepcional. É un espectáculo velo saltar entre as pedras, explicándolle aos visitantes cara onde está Santiago e como dende alí se ven os fogos do Apóstol; ou ensinando o sitio no que seu pai atopou unha xerra que agora está no Museo do Pobo Galego.
De pequeno coidaba as cabras do rabaño familiar, chegou a ter unhas 200. Estudou maxisterio, traballou de profesor, emigrou a Londres onde estivo máis tempo do que pretendía. É persoa que máis veces subiu ao Pindo e probablemente a que mellor coñece este promontorio granítico; cada recuncho, cada camiño, cada pedra, pero tamén cada historia e cada lenda.
Unha enciclopedia vivinte que sempre ten unha resposta acompañada dun sorriso, transmitindo e contaxiando a paixón e o amor que el sinte por este lugar. Hai persoas cunha sensibilidade especial, que deixan a súa pegada sen procuralo, simplemente se entregan a aquilo que aman con ilusión e vontade de coñecer e compartir o seu tesouro. Así é o Sr. Pepe, O neno que soñaba coa montaña.
Este galardón sumase aos 4 desvelados a pasada • Nordés do Deporte á Asociación deportiva e cultural Rapacollóns Big Bang. • Nordés das Ciencias ao reumatólogo ceense Francisco Blanco García. • Nordés da Divulgación ao Camiño dos Faros. • Nordés Social ao Asalto ao Castelo de Vimianzo.Premio da Audiencia
Continúa aberta a votación para o Nordés da Audiencia que se concede por votación popular dos oíntes de Radio Nordés Cadena Ser. Participa QPC e xa o podedes votar a través do whatsApp ao 722 73 70 64.
Unha Gala que é posible grazas ao apoio dos patrocinadores: Productos Cárnicos Domínguez, Industrias Cerdeimar, Ferroatlántica, Feiraco, Construcións e escavacións Germán Mouzo, Imprenta e Publicidade San Cristobal e o Concello de Vimianzo.
Novas relacionadas
- Uns Premios Nordés con sabor a ciencia irmandiña e a trasno-rapacollón.
- A experiencia de APEM na Radio Nordés recibe un premio de integración e normalización.
- Premios Nordés 2016: Uns Nordés de emoción.
- Premios Nordés 2015: A música, protagonista dos Gala dos premios Nordés.
- Premios Nordés 2014: A Costa da Morte rende homenaxe a Pazos de Merexo nos Premios Nordés.
- Premios Nordés 2013: Premios globais da Nordés.
- Premios Nordés 2012: A potencia de Aspadex triunfa nos premios Nordés.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)