xoves. 01.05.2025
El tiempo

Pepe do Fieiro, Premio Nordés 2017

Pepe do Fieiro, Premio Nordés 2017
Pepe do Fieiro na sua casa do Ezaro por David Lourido Pepe do Fieiro na súa casa do Ézaro. Foto- David Lourido

José Rodríguez Ramos, Pepe do Fieiro, será o protagonista da Gala dos Premios Nordés 2017, que se celebrará o venres 24 de novembro ás 21h. na Casa da Cultura de Vimianzo. Levará o premio principal, o Premio Nordés.

Pepe leva subindo e baixando ao Monte Pindo dende que tiña 6 anos e o sigue facendo con 83, cunha enerxía e vitalidade excepcional. É un espectáculo velo saltar entre as pedras, explicándolle aos visitantes cara onde está Santiago e como dende alí se ven os fogos do Apóstol; ou ensinando o sitio no que seu pai atopou unha xerra que agora está no Museo do Pobo Galego.

De pequeno coidaba as cabras do rabaño familiar, chegou a ter unhas 200. Estudou maxisterio, traballou de profesor, emigrou a Londres onde estivo máis tempo do que pretendía. É persoa que máis veces subiu ao Pindo e probablemente a que mellor coñece este promontorio granítico; cada recuncho, cada camiño, cada pedra, pero tamén cada historia e cada lenda.

Unha enciclopedia vivinte que sempre ten unha resposta acompañada dun sorriso, transmitindo e contaxiando a paixón e o amor que el sinte por este lugar. Hai persoas cunha sensibilidade especial, que deixan a súa pegada sen procuralo, simplemente se entregan a aquilo que aman con ilusión e vontade de coñecer e compartir o seu tesouro. Así é o Sr. Pepe, O neno que soñaba coa montaña.

Este galardón sumase aos 4 desvelados a pasada • Nordés do Deporte á Asociación deportiva e cultural Rapacollóns Big Bang. • Nordés das Ciencias ao reumatólogo ceense Francisco Blanco García. • Nordés da Divulgación ao Camiño dos Faros. • Nordés Social ao Asalto ao Castelo de Vimianzo.

Premio da Audiencia

Continúa aberta a votación para o Nordés da Audiencia que se concede por votación popular dos oíntes de Radio Nordés Cadena Ser. Participa QPC e xa o podedes votar a través do whatsApp ao 722 73 70 64.

Unha Gala que é posible grazas ao apoio dos patrocinadores: Productos Cárnicos Domínguez, Industrias Cerdeimar, Ferroatlántica, Feiraco, Construcións e escavacións Germán Mouzo, Imprenta e Publicidade San Cristobal e o Concello de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios