AFAFES adaptará a antiga Gardería de Cee como Centro de Día

Reunión entre Deputación, Concello de Cee e AFAFES

A antiga gardería municipal, situada na Rúa da Magdalena, e que agora é a sede da AFAFES (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Soneira e Fisterra), convertirase nun Centro de Día. Así o anunciaron hoxe Concello e Deputación tralo conveniio asinado.

Unha gran necesidade para a comarca, que segue loitando polo Centro de Día de Corcubión, e mentres Camariñas avanza na construción do seu centro municipal, o de Cee pode ser un alivio para a envellecida poboación costeira.

A Deputación podería aportar 120.000 euros para transformar a sede do actual centro terapéutico da entidade en Cee nun centro de día, que preste unha atención adecuada ás persoas dos concellos da comarca afectadas por esta doenza.

Novas relacionadas