Luns. 21.10.2019
El tiempo

Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión

Performance de Boca de Sapo en Corcubión pola apertura do Centro de Día
Performance de Boca de Sapo en Corcubión pola apertura do Centro de Día
Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión

Aproveitou a xente da Comunidade EcoSocial Boca de Sapo o Mercado Medieval para seguir alzandno a voz por unha das necesarias infraestruturas da vila. Fartos dos desleixo das administracións, e da falta de consenso a nivel local, volveron premer a tecla do socialn para berrar aquelo de “Centro de Día Xa!”.

Coláronse na feira cunha perfomance que pretendía facer unha denuncia da parálise na que está actualmente. Enfundados con camisola e caretas brancas estiveron 7 minutos posicionados e inmóbiles en diferentes partes da praza. Ao rematar cantaron unhas coplas creadas para a ocasión a ritmo do caneco.

Boca de Sapo agradece sinceramente ás entidades e persoas implicadas que nos axudaron a seguir pelexando, entre todas e todas, pola apertura do Centro de día.

Performance de Boca de Sapo en Corcubion pola apertura do Centro de Dia

Novas relacionadas

Comentarios