Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Fisterra e Soneira xa está en Cee

Cesa Bugallo Coordinador de AFAFES
Cesa Bugallo Coordinador de AFAFES
A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Fisterra e Soneira xa está en Cee

A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Fisterra e Soneira (AFAFES) xa está instalada en Cee, e poderá ofrecer os seus servizos dende máis preto. Así o anunciou onte César Bugallo, coordinador da asociación, no que supón un un salto cualitativo que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida de usuarios e enfermos así como ofrecer asesoramento e apoio psicolóxico aos ciodadores.

Bugallo agradecue o compromiso ao Concello de Cee porque entende que é unha "aposta forte" que supuxo un camiño longo e tedioso para todos.

O alcalde, Ramón Vigo falou deste centro coma a "antesala do centro de día ceense" e insistiu no desexo de seguir colaborando con AFAFES na medida do posible.

O centro terapeutico de AFAFES, sito na Rúa Madalena, 38, abre xa dende este venres as súas portas para informar e preincribir a todos aqueles interesados en acudir a él. Unha vez finalizado este periodo de información, se procederá á evaluación dos usuarios para proceder a dividilos en 2 grupos dun máximo de 11 persoas cada un.
O coste do servizo será a cargo das familias aínda que se poden solicitar axudas (libranzas) tramitadas a través dos Servizos Sociais dos Concellos.

AFAFES en Cee

Comentarios